Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16224

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 4207/2020).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 4207/2020

Xulgado de orixe/autos: DOI despedimento obxectivo individual 164/2020 Xulgado do Social número 6 de Vigo

Recorrente: Gumersindo Fontán Fontán

Graduada social: Verónica García Fernández

Recorridos: Fermín Group Ibérica, S.L., Colaper Persoal, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4207/2020 desta sección, seguido por instancia de Gumersindo Fontán Fontán contra Fermín Group Ibérica, S.L., Colaper Persoal, S.L. e o Fogasa sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación articulado por Gumersindo Fontán Fontán contra a Sentenza do Xulgado do Social número 6 de Vigo, do 23 de setembro de 2020, en autos nº 164/2020, instados polo aquí recorrente contra Fermín Group Ibérica, S.L., Colaper Persoal, S.L., UTE El Cielo de Vigo e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no DOG a fin de que sirva de notificación en legal forma a Fermín Group Ibérica, S.L. e Colaper Persoal, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza