Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16205

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 24 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT207E).

BDNS (Identif.): 553864.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index.

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións referidas nas modalidades A e B1 todas as persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, sempre que non realicen o proxecto para o que solicitan a subvención de xeito profesional.

2. Poderán optar ás subvencións referidas nas modalidades B2, C e D os directores/as residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que estean constituídos como produtora individual no momento de presentar a solicitude. Así mesmo, poderán optar aquelas persoas xurídicas constituídas como produtoras e dadas de alta na actividade no momento de presentar a solicitude e establecidas na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

3. Non poderán ser beneficiarias da modalidade B2 aquelas persoas que presenten un proxecto procedente de anteriores convocatorias de axudas da Agadic, en calquera das liñas existentes.

4. Non poderán acceder ás subvencións os solicitantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Finalidade

Establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións, o desenvolvemento de guións, a realización de curtametraxes e a posprodución de curtametraxes a cargo de creadores individuais, e a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 24 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT207E).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 194.000 euros, correspondente ás aplicacións seguintes dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais, que irán repartidas, 66.000 con cargo á aplicación orzamentaria 2021.10.A1.432B.480.0. da anualidade 2021 e 128.000 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, distribuídos en dúas anualidades: 15.000 euros da anualidade 2021 e 113.000 euros da anualidade 2022.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais