En cumprimento do disposto no artigo 60.2.f) da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de febreiro de 2021, co seguinte texto literal:
«Aprobar o Plan de dinamización elaborado polo Concello de Mondoñedo e determinar as consellerías e os organismos da Xunta de Galicia que deberán participar nel:
• Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (Axencia de Turismo de Galicia);
• Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación;
• Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e Instituto Galego da Vivenda e Solo) e
• Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e Dirección Xeral do Patrimonio Cultural).
O acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e nas páxinas web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e do Concello de Mondoñedo».
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo