Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos actos administrativos ditados en varios procedementos administrativos (expediente BS611A LU-000055075 e dous máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración, a través do anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder a notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes ditadas nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos de notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que estes requirimentos, que se notifican por comparecencia, outorgan as persoas interesadas un prazo de dez días para a emenda da solicitude que comezará a contar desde o día seguinte á dita notificación. Transcorrido o dito prazo sen realizar a emenda, terase por desistido da súa petición, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase o arquivamento do expediente, logo de resolución que deberá ser ditada no termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Lugo, 4 de febreiro de 2021

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/proc. BS611A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000055075

X6250867L

Requirimiento de documentacion

9.3.2020

LU-0000029259

21658342R

Requirimiento de documentacion

17.2.2020

LU-0000043343

33833207T

Requirimiento de documentacion

6.11.2019