Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos actos administrativos ditados en varios procedementos (expediente BS210A LU-0000048841 e dous máis).

De conformidade co artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación dos actos administrativos de citación ditados nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos de notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender o acto que se notifica, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable ao interesado, e acordarase o arquivamento das actuacións, despois da resolución que será notificada ao interesado.

Lugo, 5 de febreiro de 2021

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/

Cod. proc. BS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000048841

32348760L

Citacion para o recoñecemento

2.12.2020

LU-0000047044

34322929Y

Citacion para o recoñecemento

18.1.2021

LU-0000048433

34453447E

Citacion para o recoñecemento

18.1.2021