Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 24 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2020/55-1).

Expediente: IN407A 2020/55-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: subestación Muxía 66/20 kV-nova subestación.

Concello: Muxía.

Características técnicas:

SET de distribución Muxía cos seguintes elementos principais:

2 trafos de potencia intemperie, trifásico, de baño en aceite, de potencia nominal 15 MVA ONAN, relación de transformación 66/20 kV e grupo de conexión YNyn0.

Parque de 66 kV en intemperie (HIS) con 2 posicións con interruptor (2 ocos de reserva):

– 2 posicións de trafo (T-I e T-II), contando para cada posición con 1 módulo de illamento híbrido, 3 autoválvulas de 66 kV e 3 illadores de apoio 66 kV.

Parque de 20 kV en interior (GIS) con 7 posicións con interruptor (4 de reserva), instalando a cela MT en edificio dedicado:

– 2 posicións/celas blindadas SF6 de trafo (T-I e T-II), contando para cada unha delas con 1 seccionador tripolar de barras, 3 TI, 3 TT e sistema de detección de tensión.

2 posicións de medida de tensión de barras, simple barra, con 3 TT indutivos.

– 3 posicións/celas blindadas SF6 de liña (2 delas con medida de tensión en barras), contando para cada unha delas con 1 interruptor automático tripolar de corte en baleiro, 3 TI, 1 trafo toroidal abrible e sistema de detección de tensión.

– 1 posición/cela blindada SF6 de trafo SS.AA., con 1 interruptor rotativo trifásico de corte en baleiro, 1 xogo de fusibles, 1 seccionador de posta a terra de mando manual e 1 sistema de detección de tensión.

– 1 posición/2 celas blindadas SF6 de acoplamento lonxitudinal, con 2 seccionadores tripolares de barras e un interruptor tripolar de corte en baleiro.

Transformador de servizos auxiliares de 50 kVA e 20.000/420 V. Instalado en edificio dedicado, xunto co cadro de distribución de BT, os cargadores-batería de 125 e 48 V (c.c.) e os equipamentos de comunicacións e telecontrol.

Rede de terras xeral que abarcará toda a extensión da SET (excepto edificios) en condutor Cu-120 mm2. As estruturas de soporte de aparataxe irán con condutor espido  Cu-95 mm2.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico:
seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello. Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 24 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña