Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15861

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 8 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 2020/X999/000935).

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 22 de febreiro de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 8 do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (PXOM) para a recualificación parcial do SX-EL 0520 como aparcadoiro na rúa Bronce do polígono empresarial de Bértoa, segundo a documentación técnica redactada polo arquitecto municipal Alfredo Garrote Pazos.

O que se somete a información pública por un prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144 do regulamento da dita lei, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por esta poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Conforme o previsto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual determina, en por si, a suspensión das licenzas nos ámbitos en que as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión terá un período máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva. As áreas corresponden ao ámbito da MP indicado nos planos e no resumo executivo.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas e na páxina web do concello na seguinte ligazón:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 24 de febreiro de 2021

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde