Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se notifica o interesado no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 106/2020, interposto contra a resolución do recurso de alzada ditada no expediente sancionador MON-CO-0132/2017-DIS.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non for posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderá publicarse un anuncio no
Diario Oficial de Galicia.

Unha vez tentada a notificación no último domicilio coñecido e logo de ter sido devolta polo servizo de Correos, comunícaselle á persoa con DNI número 32664487W que se está a tramitar recurso contencioso-administrativo contra a resolución do recurso de alzada ditada no expediente sancionador MON-CO-0132/2017-DIS, notificación cuxo texto literal é o seguinte:

«Emprazamento de interesado en recurso contencioso-administrativo.

Esta dirección xeral recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol resolución pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 106/2020, interposto contra a resolución do recurso de alzada ditada no expediente sancionador MON-CO-0132/2017-DIS.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente ao referido tribunal, o que se lle notifica, en canto interesado no procedemento, emprazándoo para que poida comparecer como parte no prazo de nove días, que comezarán a contar a partir do seguinte ao da recepción desta notificación».

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal