Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15402

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341Q) (Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2020).

Primeiro. A Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341Q) (Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2020), establece no seu artigo 5 que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 30 de decembro de 2019 establece no seu artigo 5 que a citada orde se financiará cos seguintes créditos:

Liña 1: aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.6, cun crédito de 500.000 €.

Liña 2: aplicación orzamentaria 09.40.322C.770.0, cun crédito de 4.500.000 €.

Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a derradeira solicitude que se puido conceder da liña 2 antes do esgotamento do crédito foi a TR341Q/2020/750-2, presentada na sede electrónica o día 5 de febreiro de 2020 ás 13.30 horas.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da Conselleira de Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.770.0, ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, para a liña 2 con data do 5 de febreiro de 2020 ás 13.30 horas.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social