Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15464

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 505/2020).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 505/2020

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: José Ángel Pico Fonte

Avogado: Manuel Fernández Veiga

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Administración Safer, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Xulgado do Social de Reforzo bis

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 505/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Pico Fonte contra a empresa Administración Safer, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de febreiro de 2021

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, estes autos número 505/2020, sobre despedimento, seguidos por instancia de José Ángel Pico Fonte, asistido pola letrada Sra. Gil Fernández, contra Administración Safer, S.L.,

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Ángel Pico Fonte contra Administración Safer, S.L., declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 3.332,45 euros en concepto de indemnización, calculada a razón de euros 43,28 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 18 de marzo de 2020, ata a data desta sentenza, por importe de 14.239,12 euros. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Condeno, así mesmo, a empresa a aboarlle á parte demandante a cantidade de euros como cantidades debidas en concepto de salarios 5.377,41 debidos e a cantidade de 4.533,60 euros, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade total.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Administración Safer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza