Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15447

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021 pola que se notifican as resolucións de denegación e inadmisión das solicitudes de subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual (código de procedemento VI432E).

Con data do 22 de maio de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento VI432E).

O 10 de marzo de 2021 o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), por proposta da Dirección Técnica de Fomento, adoptou resolución pola que denegou e inadmitiu as solicitudes de subvencións presentadas ao abeiro desta convocatoria.

Polo exposto, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no ordinal vixésimo, punto 7, da Resolución do 19 de maio de 2020,

RESOLVO:

Publicar a listaxe das persoas a que se lles denega ou inadmite a solicitude de subvención do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual. A citada listaxe poderá consultarse na páxina web www.igvs.xunta.gal.

As persoas interesadas poderán interpor contra as resolucións de denegación ou inadmisión, que non poñen fin á vía administrativa, recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo