Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15175

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 5 de marzo de 2021 pola que se fixan os prezos privados para a venda ao público de diversas publicacións desta consellería.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Exlibris gallaeciae. Dos libros de Galicia. 30 €.

Orinoco. Viaxe a un mundo perdido. 25 €.

Auga doce. Agua dulce. 30 €.

Cinegalicia 25. 18 €.

Camiño (A orixe)=Camino (El origen). 18 €.

Camino (The origin)=Caminho (A origem). 18 €.

José Suárez. Ollos vivos que pensan. 25 €.

Rostros do país. 15 €.

Da árbore á cadeira. 30 €.

Lamazares. Flor Novoneyra. 20 €.

Baldomero Pestana: A verdade entre as mans. 35 €.

Galicia Universal. A arte galega nas coleccións Abanca e Afundación. 30 €.

Castelao maxistral. 30 €.

Valor e mestría. Galicia como fútbol. 25 €.

Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia=Pensar con las manos. Cestería, cerámica y joyería de Galicia. 42 €.

Galicia, de nós a nós. 30 €.

As miradas de Isaac: Centenario de Isaac Díaz Pardo (1920-2020). 35 €.

Mural porcelana: Magdalena Seoane 1959-2020. Museo Gaiás: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, decembro de 2020. 10 €.