Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se autoriza modificar a categoría da escola de navegación de lecer Distridial, S.L. (Enal básica) e recoñecela como escola de navegación de lecer (Enal).

Antecedentes:

A escola de navegación de lecer Distridial, S.L. está actualmente inscrita como escola de navegación de lecer (Enal básica), e solicita a modificación da súa categoría no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer, para recoñecerse como escola de navegación de lecer (Enal).

Consideracións legais e técnicas:

• Decreto 39/2018, do 5 de abril, polo que se modifica o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 78, do 23 de abril de 2018).

• Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247, do 11 de outubro).

• Orde do 31 de xullo de 1998, pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).

• O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Autorizar o cambio de categoría da escola Distridial, S.L. (Enal básica) e inscribila como escola de navegación de lecer (Enal). A citada escola segue mantendo o mesmo número de rexistro XGEN055, co cal foi recoñecida. As instalacións están situadas no lugar de Larache, núm. 43, Sta. Cristina de Cobres, Vilaboa 36141, Pontevedra.

Segundo o artigo 7 da Orde do 31 de xullo de 1998, pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola está obrigada a comunicar ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, como pode ser o cambio do/da instrutor/a ou da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e darse de baixa no rexistro por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres anos. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, desde a notificación da presente resolución, segundo se dispón nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro