Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14719

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de febreiro de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 38, do 25 de febreiro de 2021, é necesario facer as seguintes correccións:

No anexo I, na táboa 045, na páxina 11789, onde di: «Procedencia: Industria», debe dicir: «Procedencia: Traballo».

E na páxina 11790, onde di: «Mostra: conservación de 5 expedientes completos por convocatoria», debe dicir: «Mostra: conservación dun expediente completo por ano de tramitación de cada competencia profesional».

Na táboa 052, na páxina 11795, onde di: «Eliminación parcial cunha mostraxe aleatoria sistemática por nº de expediente ao 10 %», debe dicir: «Eliminación parcial cunha mostraxe aleatoria sistemática por nº de unidade de instalación ao 10 %».