Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2021, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación dun expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-00027-O-2021).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-00027-O-2021 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 24 de febreiro de 2021

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción

proposta

OU-00027-O-2021

0107-CCM

35765054P

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

6.12.2020; 18.9.00; A-52; 252,0

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros