Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de febreiro de 2021 pola que se notifican resolucións, acordadas en expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (TUSAN1 2020/007-2 e TUSAN1 2019/137-1).

Pola presente, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícanselles as persoas físicas e xurídicas que a continuación se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

As/os interesadas/os poderán examinar os seus expedientes, e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia situadas na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2020/007-2.

RITGA-E-2020-001166.

Sancionada: RB Hoteles S.L.

NIF nº: B65....68.

Último enderezo: rúa Verxeles, 3, baixo.

Localidade: Viveiro (Lugo).

Preceptos infrinxidos: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: sanción de multa de 1.600 euros.

Expediente: TUSAN1 2019/137-1.

RITGA-E-2019-007475.

Sancionado: Caparrós, Francisco.

NIF nº: 33....80N.

Último enderezo: rúa San Pedro de Mezonzo, nº 28 b.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Preceptos infrinxidos: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Comunícaselles que as resolucións desta Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa sendo por tanto executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados, que lle serán facilitados nas dependencias desta Axencia. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021

María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia