Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de xaneiro de 2021, polo que se aproba o proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico do Salto de Cabana, no río Tronceda, no concello de Mondoñedo, provincia de Lugo, promovido pola sociedade Segel, S.L. (clave LU/4/98).

En cumprimento do disposto no artigo 25.4 da Lei 10/1995, do 13 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e o artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21.1.2021, do que a seguir se reproduce a súa parte dispositiva de xeito literal:

«1º. Aprobar o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado “Proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda. C.H. de Salto de Cabana. Concello de Mondoñedo (Lugo). Marzo 2007”, promovido por Segel, S.L., en execución da sentenza ditada o 14 de maio de 2020, pola Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo.

2º. A aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal non presupón a conformidade do proxecto construtivo co Plan hidrolóxico, polo que se deberá observar o que dispón o artigo 32.2 do Plan hidrolóxico de Galicia-Costa, aprobado polo Real decreto 1332/2012, do 14 de setembro, e a exixencia da súa adaptación ao disposto no propio artigo 32.1 e os novos requirimentos ambientais».

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia