Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dá publicidade do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de pase a concesión da explotación Mina de Penouta número 4880.1, no concello de Viana do Bolo.

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, e artigo 37, punto 1, e co Decreto 975/2009, do 12 de xuño, artigo 6, punto 3, e a Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría en Galicia, artigo 23.4, fanse públicos o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración relativo á solicitude de pase a concesión da explotación de recursos da sección C Mina de Penouta nº 4880.1, no concello de Viana do Bolo (Ourense), promovido pola empresa Strategic Minerals Spain, S.L.

O proxecto pódese consultar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º) ou no portal de transparencia da Xunta de Galicia (https://edicionportais.xunta.es/web/guest) no prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación de este anuncio.

Ourense, 25 de febreiro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense