Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2021/37-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: RET, LMT VLG805 en Reboredo e A Lanzada.

Situación: O Grove.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV:

– 133 metros; condutor LA-110; orixe no apoio existente C-1000/14 (9NIBD0GI); final  no apoio proxectado C-3000/14.

– 60 metros; condutor LA-56; orixe no apoio proxectado C-3000/14; final no apoio existente 9NF0D5NV//D4-B13-1.

– Retensamento de tres vans aéreos, de 110, 40 e 54 metros.

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 278 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo (PAS) no apoio proxectado C-2000/14 e final no PAS no apoio proxectado C-2000/12. A instalación está situada nos lugares de Reboredo e A Lanzada, municipio do Grove.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
(http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: O Grove; lugar: Coenlleiras; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Vicente; afección: 17,24 m2 para o apoio 1.

Predio 2. Municipio: O Grove; lugar: Revolta; ref. catastral: 36022A026005370000EB; titular: descoñecido; afección: 15,99 m2 para o apoio 2 e 5,16 m2 para 4 metros de liña subterránea.

Predio 3. Municipio: O Grove; lugar: O Grove; ref. catastral: 36022A022003460000EY; titular: descoñecido; afección: 3,14 m2 para o apoio 3.