Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14303

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 5/2021).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 5/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina Siso López contra Turmens Logística Urgente, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Turmens Logística Urgente, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 9.683,96 euros en concepto de principal (7.536,6 euros en concepto de salarios, liquidación de vacacións non gozadas, diferenzas salariais, 2.073,09 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre os conceptos salariais que comportan 6.732 euros, 74,27 euros en concepto de xuros do art. 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios que comportan 804,60 euros), máis outros 968,39 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza