Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2021, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-00475-O-2020.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador OU-00475-O-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 544 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa

sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00475-O-2020

9140-HPY

33860119W

Descanso semanal normal-igual ou superior a 30 horas e inferior a 36 horas.

3.2.2020; 15.38; N-120; 461,0

Artigo 140.37.6 da LOTT

Artigo 197.42.6 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.g) do ROTT

1.001 euros