Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de febreiro de 2021 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 246/2020, no expediente de reposición da legalidade PON/151/2014-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 246/2020, interposto por María Dolores Martínez Martínez contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 4 de agosto de 2020, interposto contra outra do 5 de maio de 2015, expediente PON/151/2014-RP1, na cal declara que as obras de construción dunha edificación de tipoloxía residencial e unha construción auxiliar, sitas na parcela catastral 36041A037005070000OB, no lugar de Encoirados, parroquia de San Salvador de Poio, concello de Poio, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que dese lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase Lidia María Gómez Martínez para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística