Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-48/2021-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-48/2021-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 25 de febreiro de 2021

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-48/2021-PPM

32778180Y

Inicio

r/ Orzán, 92-2º, A Coruña

PSC-CO-51/2021-PPM

79311955C

Inicio

r/ Sadadarea, 68-3º A, Sada

PSC-CO-65/2021-PPM

52457918R

Inicio

Vilacova, 3, Lousame

PSC-CO-67/2021-PRE

78780721V

Inicio

Triñáns, Abanqueiro, Boiro

PSC-CO-74/2021-PPM

76969738P

Inicio

A Pesqueira, 377, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-CO-83/2021-PPM

53482426C

Inicio

Esteiro, 3, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-CO-84/2021-PPM

44845036G

Inicio

r/ Francisco Catoira, 45-2º esq., A Coruña