Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de disolución da entidade Merenda Creativa, S. Coop. Galega Xuvenil.

En cumprimento do disposto no artigo 87.3 e no número 2.c) da disposición adicional novena da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir o acordo de disolución da entidade Merenda Creativa, S. Coop. Galega Xuvenil, adoptado pola Asemblea Xeral o 28 de outubro de 2020. As funcións do órgano de liquidación son asumidas polo órgano de administración.

A Coruña, 24 de febreiro de 2021

Judit Fontenla Baró
Xefa territorial da Coruña