Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14015

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 9 de decembro de 2020 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

Con posterioridade, a aprobación da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, e a Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, motivaron que mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2021, da Axencia Tributaria de Galicia, se modificasen, no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020, o anexo IV e o cadro de conceptos/clave/ tipo do modelo 600.

Posteriormente, aprobouse a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia que, entre outros aspectos, modifica o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, no sentido de establecer novas deducións fiscais no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados destinadas a promover a implantación de iniciativas empresariais en zonas pouco poboadas.

Todo o exposto fai necesario modificar o modelo correspondente á autoliquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados aprobado pola Orde do 9 de decembro de 2020 para reflectir nel estes cambios normativos; para isto é competente a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde.

En consecuencia,

resolvo:

Primeiro

Modificar, no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020, o anexo IV, Bonificacións e deducións, do modelo 600, que pasa a ser o seguinte:

ANEXO II

MODELO 600

missing image file
missing image file

Segundo

Esta resolución entrará en vigor o día 18 de marzo de 2021

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia