Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 23 de febreiro de 2021 pola que se notifica a resolución de finalización de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2014/004, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentar sen éxito a notificación da resolución de finalización de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2014/004 no último domicilio social coñecido de Juan Luis Benito Garrote, notifícase por medio da presente cédula no Boletín Oficial del Estado aos interesados o contido de dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento do mesmo.

Contra esta resolución, que consonte o artigo 38.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da dita publicación, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2014/004.

Nome ou razón social: Juan Luis Benito Garrote.

Axuda: Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto: resolución de finalización de expediente de reintegro de subvención.