Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación das bases do concurso para a provisión de varios postos de traballo para xefes/as de servizo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 273, do 27 de novembro de 2020, publicouse o Decreto 7323/2020, do 19 de novembro, polo que se resolveu convocar o concurso para a provisión de varios postos de traballo no Concello de Lugo para xefes de servizo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 26, do 2 de febreiro de 2021, publicouse anuncio relativo ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 13 de xaneiro de 2021, polo que se acordou a modificación do Acordo 17/339 de aprobación das bases que rexerán o concurso para a provisión de varios postos de traballo no Concello de Lugo para xefes de servizo.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 10 de febreiro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo número 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcalde delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos