Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13961

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

ANUNCIO de constitución da Xunta de Goberno.

De conformidade co establecido no artigo 49.9 dos estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, aprobados mediante o Decreto 304/2008, do 9 de outubro, faise público o contido da acta de proclamación da candidatura electa, para a reelección dos cargos da Xunta de Goberno, formalizada o pasado 2 de marzo de 2021.

Os que subscriben, o presidente, o secretario e vogal da Xunta Electoral das eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, en cumprimento do establecido no artigo 49.9 dos estatutos, certifican:

Que, mediante o acordo adoptado polo Pleno da Xunta de Goberno con data do 19 de decembro de 2020 procedeuse á convocatoria de eleccións e fixouse como día para a súa celebración o día 27 de marzo de 2021.

Que na convocatoria de eleccións observáronse todos os requisitos legais que a celebración destas exixe, como son a súa publicidade, a elección dos membros da Xunta Electoral, a exposición do censo, os prazos de presentación de impugnacións, etc.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas con data do 27 de febreiro, só foi presentada unha única candidatura. Mediante Acordo da Xunta Electoral do 2 de marzo aprobouse a proclamación da única candidatura presentada, e acordouse así mesmo a omisión da realización dos comicios fixados para o día 27 de marzo de 2021.

A teor do exposto, considerando que só foi presentada unha única candidatura e dado que esta cumpre as condicións requiridas, procédese a proclamar a única candidatura presentada como electa, así, queda constituída a nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia como segue:

Presidente: Avelino José Samartín Caamaño.

Vicepresidente: Miguel Ángel Rodríguez Ramos.

Secretario: José Ramón Rey Álvarez.

Tesoureira: María Alicia Rodríguez Díaz.

Poñente de Cultura: Santiago García Ferrón.

Vogal 1ª: Belén Martínez Troncoso.

Vogal 2ª: Laura Casal Fernández.

Vogal 3ª: Lucía Otero Cerdeira.

Vogal 4º: José Caamaño Martínez.

Suplente 1ª: María Lorena Davila Piñeiro.

Suplente 2º: Martín García García.

Suplente 3º: Iván Pereira López.

Suplente 4ª: Sonia Maceda Rodríguez.

Suplente 5ª: Marta Teijeiro González.

Os membros da Xunta Electoral, transcorridos os prazos de impugnación, se os houber, cesarán automaticamente nas súas funcións.

Segundo o disposto no artigo 49.9 publicarase o resultado das eleccións no Diario Oficial de Galicia (DOG) con carácter de urxencia.

E para que produza os efectos oportunos, expídese a presente certificación, asinada polos membros da Xunta Electoral: o presidente, José Antonio Casal Cid; secretaria, María Marta Ríos González, e vogal, Saila López Basanta.

Santiago de Compostela, 2 marzo de 2021

José Antonio Casal Cid
Presidente da Xunta Electoral