Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de febreiro de 2021 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade de autorización de atracada número P9-004E nas instalacións do porto deportivo de Ribadeo.

Con data do 2 de febreiro de 2021, a Presidencia de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu declarar a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da que é titular Marino José Rodríguez Suárez.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 110.1.b) da Lei 6/2017, de 12 de decembro, de portos de Galicia, e no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, por un tempo superior ao previsto nesas normas.

A caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada e a obriga de retirar, de ser este o caso e baixo a advertencia de execución subsidiaria, a embarcación da instalación.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición ante a Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia