Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13703

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 188, do 16 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 27 de marzo de 2021, ás 9.00 horas, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Pontevedra e A Coruña: de Quijada Veiga, Ángel a Míguez Rodríguez, Mercedes), nos pavillóns 1 e 2 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Lugo e A Coruña: de Millan Casteleiro, Mª del Carmen a Puñal Martínez, Miriam) e no pavillón 1 do recinto da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Ourense).

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal