Pola Orde do 15 de xaneiro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 e designar á persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou, de ser o caso, segundo o establecido na normativa de aplicación na Administración de procedencia.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres (3) días hábiles a partir do día seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.
Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
ANEXO
Apelidos e nome: Pérez Medina, Mónica.
NRP/DNI: ******1935 A2060.
Grupo/subgrupo: A1.
Corpo e/ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Código do posto: MA.C03.00.003.15770.002.
Denominación: subdirector/a xeral de Residuos.
Nivel: 30.
Centro de destino: Subdirección Xeral de Residuos (Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático).
Localidade: Santiago de Compostela.
* O NRP/DNI encóntrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.