Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativa Agroganadera de A Piúca, SCG, para a explotación de porcas reprodutoras chamada Fonte Arcada, no concello dos Blancos (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-61).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada polo titular, para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro do 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-61.

Número da autorización ambiental integrada: 2007/0083_NAA/IPPC_158.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c, do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro

Titular: Cooperativa Agroganadera de A Piúca, SCG.

Localización da instalación: Fonte Arcada, s/n, 32750 Os Blancos, Ourense (parcelas con referencia catastral 32013A03300118 e 32013A03300382).

Actividade principal: granxa de porcas reprodutoras que conta con 5 naves: dúas naves de xestación, unha nave de parto-lactación, unha nave de pre-ceba e unha nave de recría. A súa capacidade total é de 1.959 animais, cunha produción de 67.189 leitóns ao ano.

Verteduras: as augas de limpeza das naves e as augas residuais dos aseos e vestiarios xestiónanse conxuntamente co xurro. As augas residuais da vivenda diríxense a dous depósitos estancos no exterior da vivenda, e posteriormente trátanse conxuntamente co xurro. O xurro xestiónase como fertilizante en parcelas agrícolas. As augas pluviais déixanse discorrer libremente polo terreo.