O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.
Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.
Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada polo titular, para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.
A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático
ANEXO
Expediente: 2019-IPPC-M-96.
Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0085_NAA/IPPC_110.
Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.
Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G.
Dirección da instalación: O Bouzo, s/n, 32632, concello de Baltar, Ourense (ref. da parcela 32006A501003230000JL).
Actividade principal: a explotación constitúe un núcleo de 4 naves (nave de partos/incubadora, nave de inseminación/xestación/verróns, nave de xestación, e nave lazareto). Proxéctase a construción dunha nova nave para pasar a ter capacidade de 2.100 porcas reprodutoras a 2.446.
Verteduras: as augas residuais da vivenda incorpóranse ao medio natural previo paso por unha fosa séptica que conta coa correspondente autorización. As augas residuais dos aseos e vestiarios diríxense á fosa de xurro e as augas pluviais incorpóranse limpas ao medio.