Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de auto e decreto de embargo (ETX 162/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 162/2020, seguido por instancia de Carlos Viceiro Varela contra Anja 2012, S.L sobre reclamación de cantidade, ditáronse auto despachando execución e decreto de embargo con data 9.2.2021, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Anja 2012, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza