Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2021, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 1/2020.

Non sendo posible a notificación persoal por ignorarse o lugar da notificación, nos termos establecidos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 emprázase á persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouse polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2021

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 1/2020.

DNI/NIE/NIF: Y6501339N.

Acto obxecto de notificación: resolución de procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título.