Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 59/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 59/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yanoxi Tejera Fariñas contra Cotemac, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou o Auto de aclaración do 8 de febreiro de 2021:

Parte dispositiva:

Dispoño:

1. «Non procede a aclaración, xa que se distinguen nos fundamentos de dereito os distintos conceptos a que a empresa é condenada, así como, de ser o caso, se devindican ou non xuros moratorios, e débese integrar a resolución nos ditos fundamentos».

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou os interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer ningún recurso distinto ao que, de ser o caso, se poida interpoñer fronte á resolución cuxa aclaración se solicitou.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza