Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12771

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1004/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 1004/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Edreira Rodríguez contra Hércules de Armamento, S.L. sobre ordinario, ditouse resolución de data 16.11.2020 en cuxa resolución consta:

Resolución:

Estímanse as demandas formulada por Manuel Edreira Rodríguez fronte á empresa Hércules de Armamento, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguido o contrato de traballo que unía ao traballador coa empresa Hércules de Armamento, S.L. a data da presente resolución

– Declárase improcedente o despedimento do actor de data 12 de marzo de 2020.

– Condénase á empresa Hércules de Armamento, S.L. a abonar ao demandante a cantidade de 1.313,48 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, a cantidade de 20.987,50 euros en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 46.425,36 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pago que devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hércules de Armamento, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza