Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 39, do 26 de febreiro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 12304, onde di: «Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas...», debe dicir: «Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do devandito proceso selectivo poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas...».