Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12571

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia/Patata de Galicia e do seu consello regulador.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 34, do venres 19 de febreiro de 2021, cómpre realizar a súa corrección:

Na páxina 10668, na terceira liña do cuarto parágrafo, onde di: «a agre e a fina de Carballo», debe dicir: «a Agria e a Fina de Carballo».

Na páxina 10670, no anexo, na terceira liña do artigo 2.2, onde di: «agre e fina de Carballo», debe dicir: «Agria e Fina de Carballo».

Na páxina 10671, no capítulo II, no artigo 5.3, na táboa onde se menciona a variedade, na terceira columna, onde di: «agre», debe dicir: «Agria».

Na páxina 10672, no capítulo III, na segunda liña do artigo 7, onde di: «agre e fina de Carballo», debe dicir: «Agria e Fina de Carballo».

Na páxina 10674, na penúltima liña do artigo 9.2, onde di: «agre ou fina de Carballo», debe dicir: «Agria ou Fina de Carballo».

Nesa mesma páxina 10674, na última liña do artigo 10.1, onde di: «para a variedade agre», debe dicir: «para a variedade Agria».

Na páxina 10684, no artigo 30.2, na segunda liña do terceiro parágrafo, onde di: «agre ou fina de Carballo», debe dicir: «Agria ou Fina de Carballo».