Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12634

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 592/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 592/2018 deste xulgado se ditou a sentenza 12/21, do 8.2.2021, contra a cal se poderá interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercalar Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza