Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de incoación de expediente de limpeza de leiras.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, procédese á publicación de expediente incoado e a referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, cuxa notificación ao titular catastral resultou infrutuosa, a fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da resolución de incoación do expediente atópase á disposición dos interesados no Concello da Guarda.

Expediente

Referencia catastral

Polígono-parcela-lugar

2706/2020

36023A031000180000UT

Polígono 31, parcela 18. Lugar das Tomadas-Camposancos

O cómputo dos prazos comezará a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado. Os interesados dispoñen de dez días hábiles, contados desde a data indicada, para alegar o que ao seu dereito conveña e incorporar ao expediente administrativo cantos documentos e xustificacións coiden pertinentes.

A Guarda, 28 de xaneiro de 2021

Antonio Lomba Baz
Alcalde