Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 945/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 945/2019 deste xulgado do social se ditou sentenza contra a que non cabe recurso ningún. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría do devandito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Manuel Romero Castro, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza