Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre desistencia dun procedemento expropiatorio no concello de Cariño (expediente IN407A 2016/328-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo, a tramitación dunha solicitude de desistencia e arquivamento dun procedemento expropiatorio que formulou a entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., para os efectos de que nun prazo de dez (10) días poidan formular alegacións á dita solicitude.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse alegacións, a notificación do acto obxecto desta publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 15 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/328-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, MEA-816 CT Feás.

Concello: Cariño.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

2

Esteiro de Arriba

Descoñecida