En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
– Solicitante: Greenalia Green Power, S.L.U.; CIF B70501473.
– Denominación do proxecto: parque eólico Rodicio II.
– Concellos afectados: Maceda e Montederramo (Ourense).
– Potencia que se vai instalar: 13,5 MW.
– Número de aeroxeradores: 3 × 4,5 MW de potencia nominal unitaria.
– Produción neta anual estimada: 41.308 MWh/ano.
– Orzamento total (execución material): 10.237.681,75 €.
– Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).
Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:
Vértice |
UTM-X |
UTM-Y |
1 |
618.442 |
4.681.091 |
2 |
618.990 |
4.679.131 |
3 |
620.824 |
4.677.785 |
4 |
621.875 |
4.677.785 |
5 |
621.875 |
4.678.471 |
6 |
620.911 |
4.679.194 |
7 |
620.419 |
4.680.258 |
8 |
618.934 |
4.681.393 |
Esta poligonal ocupa un total de 567 ha.
As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para o centro de seccionamento e control (CSC) son:
Vértice |
UTM-X |
UTM-Y |
Concello |
AE 01 |
620.526 |
4.678.509 |
Maceda |
AE 02 |
620.819 |
4.678.277 |
Maceda |
AE 03 |
621.154 |
4.678.077 |
Maceda |
CSC |
620.349 |
4.678.638 |
Maceda |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– 3 aeroxeradores modelo SG145 4,5 do fabricante Siemens Gamesa ou similar, cunha altura de buxa de 107,5 m, diámetro de rotor de 145 m e unha potencia máxima activa de xeración eléctrica de 4.500 kW, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia nacelle dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 5.000 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV.
– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e control (CSC) do parque, en condutor tipo RHZ1 18/30 kV 240 mm² e as seguintes lonxitudes: AE 03-AE 02: 467 m, AE 02-AE 01: 445 m e AE 01-CSC: 267 m.
– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre CSC e a subestación prevista no parque eólico Rodicio, en condutor tipo RHZ1 18/30 kV 400 mm² e unha lonxitude de 4.782 m.
– Centro de seccionamento e control (CSC) do parque, PFU en envolvente de formigón monobloque, con celas de entrada e saída de liña a 30 kV, de protección con interruptor automático Inom 1250 A, e de medida de tensión, así como un centro de transformación para SSAA, de 50 kVA r/t: 30/0,4 kV, coas correspondentes proteccións. Equipamentos de control do parque compostos por PC e software tipo Scada para a supervisión local e remota de instalacións e de equipamento de medida e facturación.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución (febreiro 2020-visado o 22.4.2020).
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA-marzo 2020-asin. 6.3.2020), que figura no anexo a este acordo.
3. Planos parcelarios (RBDA-marzo 2020, asinado o 6.3.2020).
4. O estudo de impacto ambiental (EIA) (agosto de 2020).
5. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (febreiro 2020, visado o 22.4.2020).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33.8 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia), para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
Toda a documentación pode examinarse nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o sinalado prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Ourense, 3 de febreiro de 2021
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense