Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 5 de febreiro de 2021 de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativas Orensanas, S.C.G. para o matadoiro avícola con planta de tratamento e transformación de produtos cárnicos e planta de incineración de galiñaza, situada en Santa Cruz de Arrabaldo, concello de Ourense (número de rexistro AAI: 2007/0081_NAA/IPPC_143).

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: matadoiro avícola con planta de tratamento e transformación de produtos cárnicos e planta de incineración de galiñaza

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren)

Núm. rexistro AAI: 2007/0081_NAA/IPPC_143

Localización: concello de Ourense

Expediente: 2018-IPPC-M-115

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático