Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11775

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2020 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2020.

O 23 de decembro de 2020 publicouse no DOG a Resolución do 15 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2020 (DOG nº  57).

O 25 de febreiro publicouse no DOG a Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a Resolución do 5 de outubro de 2020 pola que aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2021/2024 e pola que se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (código de procedemento PR947B) (DOG nº 38).

Co fin de dar efectividade ao establecido na referida resolución, e que trae causa na modificación da Lei do Deporte de Galicia, aprobada polo Parlamento galego mediante a Lei 4/2021, de 28 de xaneiro, inclúense para este exercicio as auditorías operativas no plan aprobado mediante a Resolución do 15 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte (DOG do 23 de decembro). Neste sentido cómpre modificar a Resolución do 15 de decembro de 2020 para determinar as federacións deportivas suxeitas a auditorías operativas no exercicio 2021.

Polo tanto, en uso das facultades que teño atribuídas pola lexislación vixente de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da Resolución do 15 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2020

Único. Engádese un novo artigo 4 á Resolución de 15 de decembro de 2020 coa seguinte redacción:

«Artigo 4. Auditorías operativas

1. Xunto coas auditorías das súas contas anuais, someteranse a unha auditoría operativa as federacións deportivas galegas de Piragüismo e Vela, toda vez que xestionan, respectivamente, o Complexo Náutico e Campo de Regatas de Verducido-David Cal e o Centro Galego de Vela, instalacións adscritas á Secretaría Xeral para o Deporte.

2. As auditorías operativas serán presentadas antes do 30 de novembro de 2021 e conterán a análise dos posibles puntos débiles e a correspondente proposta de recomendacións para a súa mellora.

3. No non disposto neste artigo, a emisión das auditorías operativas someterase ás previsións da presente resolución no que lle resulte de aplicación».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte