Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (488/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 488/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Vázquez Quiroga contra o Fondo de Garantía Salarial, Café La Tertulia, S.L.; La Tertulia e Barlim 2009, S.L., sobre despedimento, se ditou a Resolución do 13.1.2021 en cuxa resolución consta:

«Resolvo:

Admítese parcialmente a demanda interposta por Roberto Vázquez Quiroga fronte ás empresas Barlim 2009, S.L. e Café La Tertulia, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento de Roberto Vázquez Quiroga pola empresa Barlim 2009, S.L.

– Absólvese a Café La Tertulia, S.L. das pretensións fronte a ela dirixidas.

– Condénase a empresa Barlim 2009, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización de 32.184 euros; o aboamento da devandita indemnización determina a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 44,70 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación: lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, mentres tiña lugar a audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación en forma legal a Barlim 2009, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza