Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11568

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (374/2019).

Eu, Rebeca Tardáguila Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, fago saber que no presente procedemento MMC 374/2019, seguido por instancia de José María Prim Melcón fronte a Susana María Prim Pazo, María José Prim Pazo, Víctor Miguel Prim Pazo, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 125/2020.

Ponteareas, 10 de decembro de 2020.

Vistos por min, Juan Laborda Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal sobre modificación de medidas, seguidos co número 374/2020, por instancia de José María Prim Melcón, representado pola procuradora Sra. Martínez Novelle e asistido do letrado Sr. Prieto Prieto, fronte a María José, Susana María e Víctor Miguel Prim Pazo, representada a primeira pola procuradora Sra. Estévez Baña e asistida da letrada Sra. Represas Represas, e os dous segundos en situación de rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por instancia de José María Prim Melcón contra María José, Susana María e Víctor Miguel Prim Pazo e, en consecuencia, acordo a modificación da sentenza ditada por este xulgado o 24 de setembro de 2008 nos autos de garda e custodia 170/2008, unicamente no sentido de declarar a extinción da pensión de alimentos acordada naquela resolución respecto a Susana María e Víctor Miguel Pazo, con efectos dende a data de notificación da presente resolución ao demandante, polo que persiste a obriga deste de aboamento da pensión de alimentos respecto a María José Prim Pazo, ata que alcance a independencia económica, e iso por importe actual de 89,79 euros, sen prexuízo das actualizacións correspondentes.

Sen pronunciamento en canto a custas.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de apelación neste xulgado para o seu coñecemento pola Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte días contado dende o día seguinte ao da notificación.

Así, por esta miña sentenza, da que se estenderá certificación nos presentes autos, pronúncioo, mándoo e asínoo, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E ao estar a dita demandada, Susana María Prim Pazo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ponteareas, 11 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza