Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os inicios do procedemento sancionador por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias de prestacións por desemprego (expediente 16-12-2020/2.1.A e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen dun prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOE, para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que consideren oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lles corresponda.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas durante ese prazo poderán comparecer ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírtense as persoas interesadas que, transcorrido o devandito prazo sen achegar alegacións en tempo e forma, esta xefatura territorial ditará a correspondente resolución, que dispón dun prazo de seis (6) meses desde a data do acordo para notificarlles a resolución pertinente.

Lugo, 9 de febreiro de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Christopher Rodríguez Tejada

16-12-2020/2.1.A

Inicio procedemento sancionador

Lugo

2

Michele Hugo Fernández Aranda

16-12-2020/2.1.A

Inicio procedemento sancionador

Castroverde