Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo (procedemento ordinario 7013/2021) interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras en Galicia.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7013/2021, interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras en Galicia, contra a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 13 de novembro de 2020, de concesión directa de subvencións a centros docentes privados concertados para afrontar gastos de organización e funcionamento no curso 2020/21 derivados da COVID-19.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sección 3ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos